Coñécenos a través das nosas seccións


Inicio: Filosofía de traballo de TRIVIUM
Equipo: Coñece ó equipo de TRIVIUM
 Traballos : Traballos e concursos gañados por TRIVIUM
Contacto: Datos para contactar con TRIVIUM

Servizos de Trivium

TRIVIUM ofrece unha variedade de produtos e servizos entendendo a cultura nun sentido amplo e integrador: vinculando os seus proxectos ao desenvolvemento económico dos territorios e cunha profunda sensibilidade social. TRIVIUM dispón no seu equipo humano de profesionais cualificados para a concepción, deseño e produción da totalidade destes proxectos ou actuacións puntuais de cada un deles.

Trivium_Museos e exposicións

  • Deseño e montaxe de proxectos museográficos.
  • Xestión e dirección de exposicións temporais e itinerantes.
  • Edición de materiais didácticos para exposicións.
  • Deseño de centros de interpretación.

Trivium_Xestión cultural

  • Diagnósticos culturais de territorios.
  • Inventario e catalogación de bens culturais.
  • Análise e avaliación de centros socioculturais.
  • Deseño de modelos de xestión cultural.
  • Proxectos de dinamización sociocultural.
  • Planificación e organización de eventos culturais.

Trivium_Servizos educativos

  • Deseño e realización de actividades de interpretación e valorización do patrimonio natural e cultural.
  • Formación e sensibilización en materia de patrimonio a través da xestión e desenvolvemento de programas de ocio e tempo libre.
  • Visitas didácticas.
  • Elaboración de materiais didácticos.

Trivium_Xestión de eventos e comunicación

  • Edición de materiais de comunicación e marketing.
  • Organización de encontros e congresos.
  • Manuais de identidade corporativa.