Galicia segue sendo única
O conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco, o director xeral de Turismo Rubén Lois e mailo xerente de Turgalicia Xesús Pereira, presentaron aos medios de comunicación o pasado venres un novo "spot" publicitario baixo o lema "Galicia segue sendo única". A nova campaña busca reforzar a imaxe do destino Galiza no resto do Estado, despois da vaga de lumes que asolaron o país no mes de agosto.
O "spot" conta cos mesmos protagonistas da primeira campaña "Galicia sí, é única" (a voz do actor Luís Tosar e a música do grupo Luar na Lubre) que foi vista por 31 millóns de persoas entre os meses de maio e xuño do presente ano. Este novo anuncio terá unha duración de trinta segundos e volve a incidir na mesma idea que o anterior: o destino Galiza conta cunha boa diversidade de recursos turísticos.
Este tipo de campañas de comunicación son, máis que necesarias imprescindibles despois dunha catástrofe coma a que nos asolou durante o mes de agosto, se queremos lograr un destino consolidado, e levar á xente unha imaxe restaurada do país.
Novas relacionadas:
- Consellería de Innovación e Industria.
- Galicia Hoxe.


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home