Send As SMS

A bitácora de Trivium

8/16/2006

www.betanzosmp3.es unha realidade tanxible

Nestes días, subimos a páxina oficial das audio guías do Concello de Betanzos. Como tiñamos previsto a web amosa a riqueza cultural, natural e histórica da totalidade do concello de Betanzos.

O enlace é: www.betanzosmp3.es

A páxina ofrece aos visitantes a oportunidade de realizar tres rutas polo concello, dúas polo núcleo histórico e unha máis polos arredores da cidade. O usuario pode descargalas tanto en formato zip, como en podcast e reproducilas no seu mp3 no momento de realiza-la visita ou cando o desexe. Ofrécense ademais de en galego, en castelán e en ingles.