O xacobeo renova a súa imaxe
O pelegrín e o selo de catro cunchas, a imaxe oficial do xacobeo por máis dunha década, finalmente foi sustituida. Unha imaxe moi avellentada que non deixaba pegada de marca, polo que era preciso unha renovación.


A Consellería de Industria e Innovación presentou onte a nova imaxe do Xacobeo. A proposta gañadora dun concurso nos que se presentaron 19 ideas, foi gañado pola compostelana Oceano Visual.
O símbolo escollido está baseado na frecha amarela, sinal do camiño que ten unha bonita historia detrás: O cura do Cebreiro, Elías Valiña, comenza a sinalizar en 1984 o Camiño de Santiago dende Francia ata Compostela, pintando frechas amarelas no chan.
Parabéns á renovación e que sirva para unha mellor promoción do noso camiño máis internacional.



0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home