O Concello de Betanzos contrata o servizo de audio guías ofrecido por TRIVIUM
O Concello de Betanzos convértese deste xeito no primeiro cliente desta novedosa liña de produtos de TRIVIUM, que ofrece aos turistas un novo xeito de visitar as cidades. No momento actual non existe en Galicia quen conte co sistema de audio guías de TRIVIUM, polo que podemos considerar ao Concello de Betanzos coma un pioneiro.
A nosa proposta prevé o deseño de tres rutas que vertebren e dirixan o fluxo de turístas guiándolles pola cidade dos cabaleiros, chamándolles a atención e informándolles sobre os recursos máis importantes dela. A primeira recorrerá o casco histórico de Betanzos cun límite espacial claro: as antigas murallas da cidade. A segunda amosará ao turista a Plaza do Campo, a xudería e terminará nos paseos fluviais do Mandeo e o Mendo. A terceira será para facer co coche e levaranos a sitios coma Roibeira, Tiobre, O Pasatempo, etc.
En próximas entradas colgaremos o enderezo no que as audio guías de Betanzos estarán a disposición de todo o mundo.


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home