TRIVIUM preséntase a dous novos concursos públicos
Onte pola mañá foron entregados na Deputación da Coruña dous novos concursos públicos dentro do Plan de Dinamización Turística de Costa da Morte.
O primeiro deles tiña como obxectivo fundamental aportar un perfil turístico do visitante de Costa da Morte en tempada baixa, codificando diversa información existente nos concellos e deseñando e levando a campo unha nova enquisa na próxima Semana Santa.
O segundo deles consistía en elaborar unha diagnose sobre a accesibilidade a edificios, transportes e recursos de interese turístico para persoas con mobilidade reducida no territorio de Costa da Morte.


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home