Send via SMS

A bitácora de Trivium

3/10/2006

TRIVIUM no Concello de Ames

Esta mañá TRIVIUM tivo un encontro de traballo co concelleiro de Cultura e Deportes, D. Xosé Manuel Fernández López do Concello de Ames.
Nela presentaronse dúas propostas novas de roteiros de sendeirismo polo Concello, que estarían homologadas pola FEDME.
O obxectivo principal das propostas é poñer en valor unha parte do rico patrimonio cultural, natural e artístico que ten o territorio. A primeira proposta foi un deseño circular con inicio e fin no núcleo urbano de Bertamiráns, mentres que a segunda opción ofrecida hoxe foi unha ruta que partía da praia fluvial de Tapia e seguía o curso de rio Tambre (Lugar de Interese Comunitario) ata chegar ao conxunto histórico e artístico de Pontemaceira.