Send via SMS

A bitácora de Trivium

3/14/2006

Día de reunións para TRIVIUM

A mañá de onte estivo marcada polas reunións.
Empezamos o día ás 8:45 horas, cunha reunión de traballo co Xefe do Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, D. Alfonso Filgueira. Despois da presentación dos últimos productos que está a comercializar TRIVIUM, falouse da súa aplicación ó Concello e tamén de novas posibilidades de colaboración noutros eidos coma no ambicioso proxecto do "Parque temático de Aldea Nova". Nestas vindeiras semanas, TRIVIUM presentará novas propostas de actuación ao Concello.

Ás 10:30 Dna. Milagros Lantes, delegada provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, recibiunos no seu despacho da Coruña. Na reunión, TRIVIUM presentou unha experiencia piloto para incorporar o sistema das audio guías nos museos dependentes da Consellería no territorio coruñés. A proposta, que tivo unha boa acollida, será presentada na Consellería nos próximos días.

A mañá rematou na Excma. Deputación da Coruña, onde recollimos os Pregos Técnicos de varios concursos públicos de interese para TRIVIUM estratexias en cultura e turismo. Do mesmo xeito, tivemos reunións de traballo coa Xerencia do Plan de Dinamización Turística de Costa da Morte.