MMS Friends

A bitácora de Trivium

1/16/2006

Trivium no Concello de Boqueixon

Esta mañá (16 de Xaneiro de 2006) levouse a cabo unha entrevista de presentación da empresa TRIVIUM: Estratexias en Cultura e Turismo, no Concello de Boqueixón.

Na reunión co Concelleiro de Xuventude, Terceira Idade e Patrimonio, Ovidio Rodeiro, tratáronse diferentes aspectos relativos o patrimonio cultural e natural do Concello e a súa posta en valor. Un exemplo desto son as rutas de sendeirismo ou a sinalización turística.

O concelleiro informou sobre cales eran as accións planificadas neste senso polo Concello, e invitou os representantes de TRIVIUM a un novo encontro para mediados do mes que ven, no que se poden formalizar varias propostas culturais e turísticas para o Concello.

1 Comments:

At 10:04 AM, Vigués said...

Boas César!!! Alédome de que che vaia ben, diría que aínda non te acostumaches ó ano novo xa que estamos no 2006 e non no 2005. A ver cando fas algo parecido nun concello da nosa zona ( Salceda de Caselas, Tui, Tomiño... ) que boa falla nos fae. Saúdos.

 

Publicar un comentario en la entrada

<< Home