MMS Friends

A bitácora de Trivium

1/27/2006

Segundo dia en FITUR

O día de Galicia en Fitur estivo marcado pola presencia do Presidente da Xunta de Galicia, D. Emilio Pérez Touriño. Na súa presentación ante os medios, onde marcou as directrices do goberno en materia turística, propuxo un grande pacto polo turismo en Galicia.

Xa pola tarde, presentáronse os plans de dinamización turística da Costa da Morte e Ribeira Sacra. O Presidente da Deputación da Coruña D. Salvador Fernández Moreda, salientou a necesidade de promocionar o destino Galicia, onde todos os organismos deben estar unidos.

Así o contaron na prensa:

  • Oferta al sector para un pacto para el turismo

  • Touriño anuncia un plan para convertir al sector del turismo en "motor de la economía" de Galicia

  • Touriño plantea un pacto para hacer del turismo gallego marca de calidad


  • Stand de Galicia en FITUR

    Stand de Galicia


    O traballo de TRIVIUM neste segundo día baseouse, coma no primeiro, en dar a coñecer aos organismo turísticos, os productos e servizos que ofrecemos. Deste xeito leváronse a cabo reunións con:

  • D. Guillermo Jiménez Isla, Concelleiro de turismo de Laredo.

  • D. Joaquín Gimeno Salueña, Concelleiro de turismo de Fuendetodos.

  • Dna. Eva Piñón Montero, Plan de Dinamización Turística do Salnés.

  • Dna. Beatriz Martínez, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.