Primeiro día de TRIVIUM en FITUR
O Rei Xoan Carlos e a Raiña Sofía inauguraron onte (25/01/2006) oficialmente a XXVI Feria Internacional de Turismo de Madrid. Tralo evento, pasearon por varios stands achegándose tamén o de Galicia.
Pola tarde, o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, visitou a Feira e deu unha rolda de prensa tras visitar o stand de Galicia. Nela anunciou a creación dun Instituto de Estudios Turísticos que terá coma sede a Illa de San Simón.
Outras autoridades que acompañaron o Vicepresidente, foron Fernando Blanco, Ánxela Bugallo, Rubén Lois e Antón Losada.
No que se refire o traballo particular de TRIVIUM, este día resultou do máis intenso. Mantivéronse reunións de traballo con moitos axentes de desenvolvemento turístico no eido galego:
Todos eles mostraronse interesados nos productos ofrecidos por TRIVIUM, e na semana que ven volveremos a manter conversas para concretar de xeito máis claro as propostas particulares para cada lugar.
Tamén se realizaron reunións de traballo con outros destinos non galegos. D. Francisco Leno Cerro - Xerente do Plan de Excelencia de Santoña - e D. Valentín Fernández Férnandez - Presidente del Patronato de Turismo del Bierzo - mostraron especialmente o seu interés polo modelo TRIVIUM de audio guías.
No día de hoxe, seguiremos a rolda de reunións programadas con anterioridade, pois onte non sempre se puido cumplir con toda a axenda prevista.
Así reflexan os medios esta xornada inaugural de FITUR:


0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home